Reportaxe realizado pola Productora Faro para televisión sobre Horticultura Urbana en Galicia en Outubro do 2010.
Presentado e comentado por Ramón González Paz, coordinador de comunicación da AGHU (Asociación Galega de Horticultura Urbana).
Via --> http://www.hortaurbana.info

Documental sobre o proceso de produción de café da Cooperativa hispano-nicaraguana sen ánimo de lucro ESPANICA. O café que consumimos en Zocamiñoca.  Espanica comercializa café e outros produtos provenientes directamente de pequenos produtores asociados de Nicaragua,  sen intermediación algunha xa que eles mesmos son os donos de Espanica.

{blip}4103943{/blip}

A NOVA ALDEA é un documental que desenvolve a idea central do repoboamento do rural galego entendido este como un ecosistema que nun tempo foi prioritario para o desenvolvemento de Galicia, e que agora se atopa nunha crise profunda a piques da súa desaparición.

O que se persegue é que sexa un documental non meramente descritivo, senón que albisque posibles solucións na dirección de conformar ou replantexar un novo hábitat rural vivible hoxe en día, e cunha dignidade social i económica real, contemplando o rural con esperanza, coma un eido onde sexa posible vivir unha vida moderna e de futuro.

 

Un conto que pretende ser un recurso didáctico que incite ao debate sobre o consumo consciente e responsábel, desde a soberanía alimentar e o comercio xusto.

Vida difícil conta a história das origens e dos motivos dos conflitos históricos da luta pela terra no Brasil. Em pouco mais de quatro minutos, e apenas ao som de uma trilha, a história nos leva da indignação à esperança.
 
zocarede