Etiqueta - Share on Ovi

A industria agroalimentar leva investidos mil millóns de euros nunha campaña para evitar a implantación de etiquetas que advirtan sobre cuestións de saúde nos alimentos. O sistema de etiquetaxe coñecida por "Semáforo" informa do valor nutricional e sobre a cantidade de certas sustancias que conteñen os alimentos. Se un valor se estíma que é desproporcionado aparecerá coa cor vermella.
A industria da alimentación tenta, mediante campañas de dubidoso beneficio para os consumidores, que non se vote a lei que obrigaría a etiquetar os alimentos que eles producen mediante o sistema "Semáforo".
En marzo de 2010, os parlamentarios europeos dixeron non ao etiquetaje de alimentos co semáforo indicativo, pero o mércores 16 de xuño deberán ratificar esta decisión en reunión parlamentaria.

Un informe da ONG holandesa CEO (Corporate Europe Observatory), indica que o lobby alimentario ten gastado unha suma próxima ao mil millóns de euros para evitar que os parlamentarios aproben a implantación dunha etiqueta que axudaría aos consumidores a elixir os seus alimentos dunha forma máis segura e saudábel.

O informe, titulado "A Red Light for Consumer Information" (Semáforo vermello para a información ao consumidor), publicouse no 11 de xuño. O devandito informe desvela as accións levadas a cabo pola industria co obxectivo de presionar aos políticos de Bruxelas. Como exemplo: a deputada socialista holandesa Kartika Liotard confesa recibir centos de correos electrónicos dos lobbies da industria agroalimentaria (até 250 por día) e un só da asociación de consumidores.

Nunha entrevista concedida ao blog da ONG CEO, o deputado verde holandés Carl Shlyter comenta:


"O problema co lobby agroalimentario é que busca condicionar a mentalidade da xente para que se centren en resolver os asuntos concernentes á industria e non aquelas cuestións que concernen ao consumidor, e a cuestión da etiquetaxe concerne directamente ao consumidor"

"Normalmente, a proporción de informacións provintes dos grupos de presión é de 84% por 16% provinte dos movementos de interese público. No caso da etiquetaxe a proporción é de 95% por 5%". Na devandita entrevista,  o deputado verde holandés relata como a presión por parte da industria é algo normal no día a día parlamentario.

Tal e como fixeron os industriais do tabaco fai algunhas decadas, o lobby agroalimentario tamén encarga estudos "cientificamente incontestabeis" como parte da súa estratexia.

A polémica etiquetaxe é algo moi sinxelo. Pegado na parte dianteira das embalaxes ou etiquetas, o semáforo indicará a cantidade de azucre, sal, graxas etc, que contén o produto. Cando algún produto conteña unha excesiva cantidade dalgunha sustancia e se considere que é perxudicial para a saúde, o semáforo da etiqueta  amosará o vermello. Por tanto, as aberracións nutricionais indicaranse en vermello, os produtos pasabeis en laranxa e os normais en verde. Ese sistema xa se aplica en Inglatera e foi promovido pola "Food Standars Agency", unha institución gobernamental británica.

Un estudo independente realizado en Australia descubriu que os consumidores que se baseaban na etiqueta semáforo para orientar as súas compras, tiñan cinco veces máis probabilidade de identificar produtos máis sans que aqueles que confiaban na etiquetaxe monocolor  promovido pola industria. En Europa  un 27% de homes e un 38% de mulleres sofren sobrepeso ou son obesos.

A etiquetaxe dos produtos alimentarios supón unha gran preocupación para as multinacionais do sector agroalimentario xa que afecta á forma en que os consumidores perciben os seus produtos. A obrigación de etiquetar  os alimentos con información que axude a identificar sustancias susceptibles de prexudicar a saúde pode facer que os consumidores rexeiten moitos dos produtos que eles fabrican.

Ler o informe completo e os correos electrónicos que reciben os eurodiputados. En inglés.

Via --> Ladyverd


zocarede