logozoca

Esta semana chegamos aos 500 pedidos. Unha cifra redonda e moi significativa. Son 500 semanas nas que consumimos produto local, de agricultoras responsables, ás que se lle pagan uns prezos dignos pola súa colleita.

500 semanas nas que recollemos envases que se reutilizan para traer novo produto a Zocamiñoca, na que minimizamos os plásticos traendo as nosas propias bolsas e, en último caso, utilizando bolsas de papel para levar o granel.

500 semanas funcionando un proxecto que é de todas e do que todas nos facemos responsables, desde participar nos grupos de traballo, facer visitas a produtoras, axudar a que o local estea ben organizado ou axudar a que mellore o servizo e o trato entre produtoras e socias informando das posibles melloras e colaborando para levalas a cabo.

E, sobre todo, 500 semanas de alegría e felicidade de compartir tempo e espazo con tanta boa xente, da que aprendemos día a día e coa que compartimos tan bos momentos. Noraboa zocamiñoqueiras!!! Cumprimos 500 semanas!!! E isto non remata aquí, estamos no noso 10 aniversario, á volta de verán celebrarémolo ao grande!!! Por outras 500 semanas máis, por outros 10 anos en pé deste proxecto tan bonito e necesario. Parabéns!!!


Rede Galega de consumo responsábel