mostradopctz

 

A Mostra do Posible  é un encontro de entidades de economía solidaria e movementos sociais mediante o que se pretende visibilizar que exinten alternativas para construír entre todas un mundo máis xusto. Celebrase en Cangas do Morrazo o 6 e 7 de Outubro.  Contará cun amplo programa de actividades de balde ata completar aforo, dende obradoiros, palestras, proxección de documentais e filmes, actuacions , xantar popular, concurso fotografico, etc.

Por unha banda, as empresas de economía solidaria están confecionando potentes ferramentas de transformación colectiva, que buscan cooperar en lugar de competir e poñen ás persoas no centro. A economía solidaria fai posible que hoxe en día podamos satisfacer parte das nosas necesidades cotiás contribuíndo a creación dun mundo máis xusto e solidario.

Por outro lado, os movementos sociais buscan influír na toma de decisións sobre o que é de todas,  defendendo que outro tipo de políticas públicas é posible. Ademais, nos movementos sociais reside a creatividade e a experiencia de outros xeitos de organización colectiva.

Podes consultar o programa e toda a información na  web : https://mostradoposible.gal

 


zocarede

Rede Galega de consumo responsábel