A Xunta de Galicia desenvolve desde hai anos programas que, con maior ou menor éxito, tentan loitar contra o éxodo da mocidade rural cara as cidades. Os que volven non só teñen que loitar contra a incomprensión de familiares e veciños, senón que afrontan importantes dificultades económicas. Así o explica Carlos Pereiro (Santiso, 1982), cuxa explotación de engorde de porcos en Santiso resume, nas súas contradicións, a historia de moitos gandeiros mozos.

{youtubejw width="455" height="294"}0SxqC5z69wg{/youtubejw}

Ler máis...

Reportaxe da TVG do primeiro Curso de Deseño de Permacultura en Galiza. Tanquian, Ferreira de Panton - Lugo.
 
É interesante plantexarse e descreber que é e como ten avanzado  a permacultura nestes tempos de crise económica, enerxética e climática, porque lonxe de ser un tipo de agricultura (como a miúdo se clasifica), a permacultura é algo dinámico e en constante cambio que agora abarca todas as facetas do coñecemento humano, enfocado a crear sociedades humanas sostibeis, a proba de crise...
Ler máis...

As crises económicas son conxunturais e forman parte da dinámica dos ciclos económicos, pero a crise ambiental é un problema estrutural que vén sufrindo un acelerado proceso de agravamento nas últimas décadas. Neste senso, a presente crise económica, que nalgúns foros se presenta como unha crise do capitalismo liberal, ten de positivo que está propiciando unha profunda reflexión sobre os problemas do modelo económico vixente. E esta reflexión, que benvida sexa, necesariamente inclúe os problemas asociados ó medio natural, en forma de extinción de especies, degradación de paisaxes, deterioro da calidade do aire e auga, acumulación de residuos, proliferación de compostos químicos tóxicos acumulativos, etc. Problemas que non son alleos ao ser humano senón que os sufrimos directamente na nosa saúde, en primeira instancia, pero tamén na calidade dos bens e servizos que gozamos e no legado que deixamos ás xeracións futuras.

Ler máis...

A sustentabilidade non é unha alternativa entre outras ao modelo capitalista, hexemónico na actualidade, senón que é a única posibilidade, inexorabelmente, se querermos garantir a nosa supervivencia como especie no longo prazo.

Moi grosso modo falamos de economía sostíbel ou sustentábel cando se dan as condicións para satisfacer as necesidades dunha poboación nun determinado espazo garantindo que as xeracións futuras van poder satisfacer igualmente as súas. Isto significa que esa economía debe ser solidaria inter e intra xeracionalmente, e asegura a súa universalización.

De acordo con isto, unha opción non sustentábel supón que non se garante esa satisfacción de necesidades para o conxunto da humanidade: ou ben garantimos só para as xeración actuais a súa supervivencia pero non ás futuras, ou ben garantímola por un prazo máis prolongado para parte da humanidade actual e os seus descendentes pero sen asegurar que esta poida darse para toda a humanidade no presente e menos no futuro.

Ler máis...
zocarede