soberania alimentar - Share on Ovi

Declaración de Nyéléni (Mali, 2007): “A soberanía alimentaria é o dereito dos pobos a alimentos nutritivos e culturalmente axeitados, accesíbeis, producidos de forma sostíbel e ecolóxica, e ao seu dereito a decidir o seu propio sistema alimentario e produtivo”.

O movemento pola soberanía alimentaria está baseado nos dereitos resumidos na declaración acordada en Mali por máis de 500 grupos campesiños de todo o mundo en 2007:

  • o dereito á vida e a un nivel de vida digno;

  • o dereito á terra e ao territorio;

  • o dereito ás sementes e ao saber e ás prácticas agrícolas tradicionais;

  • o dereito aos medios de produción agrarios;

  • o dereito á información e á tecnoloxía agraria;

  • a liberdade para determinar o prezo e o mercado para a produción agraria;

  • o dereito á protección de valores na agricultura e na gandería;

  • o deretio á diversidade biolóxica;

  • o dereito a preservar o medio ambiente;

  • a liberdade de asociación, opinión e expresión;

  • o dereito de acceso á xustiza.

 Fonte: “¿Seguridad o soberanía alimentaria?”, Lydia Medland, en Ecologista, n.º 63, inverno 2009/10


Ethsi - Share on Ovi

As empresas son actores sociais, que cada vez teñen máis capacidade de influenciar e transformar a súa contorna. Por este motivo, expor os principios éticos e as prácticas socialmente responsabeis que levan a cabo, e reclamalos desde a sociedade civil, é fundamental para mellorar a contorna socioeconómica onde se desenvolven.

O sistema financeiro é un dos eixos principais do capitalismo actual, pero as prácticas éticas brillan pola súa ausencia. A banca ética con experiencias como Coop57 ou Fiare permite ás persoas escoller un consumo responsábel dos servizos financeiros e é unha ferramenta importantísima de transformación social.

Pero o mundo das finanzas non acaba na banca: os seguros son unha actividade financeira moi importante, na que até agora non había alternativas eticamente responsabeis. É neste punto onde se empezou a proxectar o seguro ético e solidario, un novo concepto de seguro que introduce no mercado asegurador a práctica ética e solidaria...

Ler máis...

 

crecemento - Share on Ovi

 Achegámonos ao Nadal e nesas datas a miña familia, desde fai xa bastantes anos, adoita reunirse na provincia de Tarragona. Nos últimos anos a paisaxe que coñeciamos sufriu unha transformación salvaxe. As praias, algunhas semivirxes, foron reducidas a parkings para barcos deportivos e sobre os tradicionais campos de alfarrobeiras e algunhas viñas descansan agora miles de casas pareadas. Pero o máis rechamante son o cinco quilómetros entre Comarruga e o Arco de Barà. Nese curto traxecto atópanse, en ringleira e un detrás doutro coma se se puxesen dacordo, todos os establecementos dos Xigantes da Alimentación. Un Carrefour, un Mercadona, un Lidll... todos! Tantos en tan pouco espazo para unha poboación de fins de semana? Pois si: é o reflexo da transformación dos hábitos de compra. Atraídos pola comodidade, por unha suposta variedade de xénero e polo prezo -sobre todo polo prezo- o 82% das compras de alimentos no noso país realizámolas nas grandes superficies. Pero cando chegamos ao caixeiro do súper coa nosa compra, sabemos o prezo real que pagamos por todo o que levamos no carro? Diranme que si, que só se trata de revisar o ticket. Pois miren -fáltanos información- hai máis gastos que non aparecen, coma se estivesen escritos en tinta invisible. Desvelémolos....

Ler máis...

consumption - Share on Ovi

O modelo de consumo que implican as Grandes Superficies non é nin social nin ambientalmente sustentábel. Por iso, é importante sinalar que algúns dos supostos beneficios que estes establecementos reportan aos consumidores son só mitos.

Malia o que sinala a publicidade, a oferta cultural, de lecer e de actividades nas Grandes Superficies é moi limitada e de pouca calidade se a comparamos co que ofrece unha cidade de tamaño medio. Algo semellante ocorre coa suposta variedade de produtos que o consumidor atopa nestes establecementos, posto que en realidade proveñen dunhas poucas multinacionais do sector e dunha industria que, baixo a aparente diversidade dos estantes, ofrece sempre unha base homoxénea dos ingredientes máis rendibles...

Ler máis...

A onda económica neoliberal coincidiu desde 1975 ou 1980 (triunfo de Pinochet, Thatcher, Reagan) co auxe cada vez maior da crítica ecolóxica á economía. Uns, os neoliberais, idolatran o mercado. Outros, os ecoloxistas, atacano desapaixonadamente e xuizosamente porque o mercado non garante que a economía encaixe na ecoloxía, pois o mercado infravalora as necesidades futuras e non conta os perxuízos externos ás transaccións mercantís, como xa xinalar Otto Neurath contra Von Mises e Hayek entre 1920 e 1930 no famoso debate sobre o cálculo económico nunha economía socialista. Agora ben, se o mercado dana a ecoloxía, que ocurreu nas economías planificadas? Non só supuxeron unha explotación dos traballadores en beneficio dunha capa burocrática senón que, ademais, faltou a posibilidade, por ausencia de liberdades, de ter grupos ecoloxistas que contribuíran coas súas accións a incrementar os custos que empresas ou servizos estatais deben pagar cando destrozan o ambiente.
Ler máis...
zocarede