trabalhadora do Nepal - Share on Ovi

 A pobreza segue tendo cara de muller, especialmente nos países menos desenvolvidos. Diferentes proxectos de comercio xusto en Asia, África e Centroamérica tratan de empoderar ás mulleres co obxectivo final de que consigan facerse escoitar nos procesos de toma de decisións. Sen isto non é posíbel romper o círculo da pobreza.
A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto e Intermón Oxfam desenvolveron as xornadas Mulleres, Crises e Comercio Xusto na Casa Encendida de Madrid. Presentadas por Marta Lozano, directora da Coordinadora, estas xornadas teñen o obxectivo de compartir as ferramentas adecuadas coas que traballar a través do comercio xusto para implementar a igualdade entre homes e mulleres en todos os proxectos en marcha.
A razón de dar tal protagonismo á perspectiva de xénero reside nos datos. O 70% das persoas que viven na pobreza son mulleres, e case dous terzos delas ocupan postos precarios de traballo nos países en desenvolvemento.

Ler máis...

Nanotecnoloxia - Share on Ovi

Saben vostedes que é a nanotecnoloxía? Eu empecei a ouvir falar dela no ano 2003 en Cancún (México), acompañando a unhas charlas a unha dos seus relatores, a investigadora do grupo ETC Silvia Ribeiro, nos espazos alternativos organizados fronte ao operativo que protexía o cume ministerial da Organización Mundial do Comercio. Confeso que pensei que falaba de ciencia ficción. Que, esta vez, ese magnífico equipo de estudiosos atentos aos impactos sociais e ecolóxicos que rodean ás novas tecnoloxías e cuxos informes foron tan significativos respecto dos transxénicos ou os sistemas de propiedade intelectual -por citar algúns exemplos-, estaban a disparar a un branco equivocado. Equivocábame, eu non o vía porque en realidade estaban a disparar a un branco invisible pero real. Pasados xa uns anos, a nanotecnoloxía está bastante máis presente do que percibimos.

Ler máis...

abelha2 - Share on Ovi

A día de hoxe, máis do 75% dos cultivos que nutren a humanidade e o 35% da produción de alimentos dependen dos polinizadores, é dicir, na meirande parte, abellas. Pero as abellas estan desaparecendo. O único inimigo verdadeiro da abella, o seu único predador á escala planetaria, é o home moderno. Albert Einstein advertiu á humanidade: "se a abella desaparecese da superficie do globo, ó home non lle quedarían máis que catro anos de vida, non máis polinización, non máis herba, non máis animais, non máis homes?"

Ler máis...

E.renovabeis - Share on Ovi

 Poucas cuestións reflicten mellor o camiño do mundo en que nos movemos que a relativa a unhas enerxías renovabeis que están en todos os beizos. O sentido común máis elemental di que, como queira que asistimos ao esgotamento da maioría das materias primas enerxéticas que empregamos, é obrigado escarbar nas posibilidades que ofrecen fontes enerxéticas de carácter renovábel e alternativo.
Si até aquí nada hai que opor, convén prestar atención, con todo, a dúas manifestacións do debate das renovabeis que ilustran que non é ouro todo o que reloce.

Ler máis...

copenhage - Share on Ovi

Que o recente cumio sobre cambio climático celebrado en Copenhague foi un fracaso parece que non o discute ninguén, así que, para que facer unha crónica sobre unha festa internacional onde asistiron dirixentes de toda caste de practicamente todos os países? 

 

É máis, a crítica ao ridículo acordo saído desta cita provén tanto de organizacións ambientalistas como de científicos, medios de comunicación e gobernos, é dicir, unha unanimidade insólita. Efectivamente, o acordo parece non ser nada en realidade: unha carta aos reis magos na que os diferentes países non se comprometen a practicamente nada, sen cifras nin números que orienten sobre o volume das emisións nin compromisos reais de redución, tan só boas intencións. Ou malas, que tanto ten.
 
Ninguén di que chegar a un acordo sexa doado nin moito menos pois non ten os mesmos intereses e responsabilidades sobre o cambio climático un cidadán de Chad que un de Texas. Nin o mesmo poder ou capacidade de decisión.
 
Así que hai algo que dicir sobre o cumio de Copenhague que non fora dito xa? A miña resposta é que si porque hai elementos ou, polo menos, teses diferentes sobre este simulacro internacional.

Ler máis...
zocarede