Estonia tiña un problema. Os seus bosques estaban inzados de lixo. Calculábase que unhas 10000 toneladas de refugallos estaban esparcidas polas fragas. Un problema tan grande que nen o propio goberno de país era quen de lle facer fronte. En Outubro de 2007 un grupo de ecoloxistas estonios decidiu que era o momento de facer algo... e fixérono...

O 3 de Maio de 2008, mobilizando a centos de organizacións e mais de 50000 voluntarios conseguiron limpar os bosques do país enteiro en só 5 horas!!!

Neste video, realizado por eles mesmos, explícase como é posíbel limpar todo un país nun só dia...



O exemplo estonio traspasa as fronteiras. Xa existe unha iniciativa similar en Portugal: limparportugal.org

Corto realizado por Pablo Llorens para SETEM Comunitat Valenciana.
O dilema entre "Homo consumus" e "Homo responsabilus" analizado polo Prof. Setemius dende o seu programa "Grandes Documentais Marcianos".
Non sexas Homo consumus!!! Evoluciona!!!

 

A confraría de Lira (Carnota), preocupada polos crónicos problemas de sobrepesca e furtivismo decidiu, despois de padecer a catástrofe do Prestige, por en marcha unha serie de proxectos cuxo principal valor é a racionalidade na explotación dos recursos pesqueiros.

Entre outras medidas, a confradía impulsou a creación dunha Reserva pesqueira: Os Miñarzos”. Esta decisión supuxo delimitar xeograficamente un área de costa e estabelecer uns límites de pesca na reserva, asi como a configuración dun sistema de xestión e participación do sector pesqueiro local.

Os obxectivos da reserva son a protección e a rexeneración dos recursos mariños, o impulso dunha pesca de baixura local sustentábel no tempo, e a conservación da flora, a fauna e a biodiversidade do medio.

Malia as reticencias iniciais dalgúns mariñeiros, a reserva resultou ser un exito, asi ven de recoñecelo a organización ecoloxista internacional WWF, e unha vez demostrada a súa rendabilidade outras confradias do país comezan a seguir o exemplo, a Confradia de Cedeira podería ser a seguinte.

Dende Zocamiñoca desexamos que sexan moitas mais, polo ben de todos...

 

Un espectacular exemplo de horta-xardín urbano. En plena cidade, no medio de autoestradas, coches, cemento e urbanismo sen freo, a familia Dervae e quen de producir, con so 400 metros de terra, 2700 kgs de froitas e verduras o ano.

Todo un modelo de autosuficiencia e respecto polo planeta.

zocarede