"Nos enfants nous accuseront" (Os nosos fillos acusarannos) é un interesante documental francés que aborda as consecuencias da masiva utilización de produtos químicos nos alimentos que todas comemos. A actual xeración é a primeira da historia na que é posible que teña unha vida máis breve que os seus pais ao ter estado exposta desde a infancia a grande cantidade de tóxicos, principalmente a través de la alimentación. "Nos enfants nous accuseront" documenta esta realidade a través de datos científicos e entrevistas persoais, e pon de manifesto unha dura realidade.

Recomendamos ollar o trailer:

Web Oficial "Nos enfants nous accuseront"

A agricultura orgánica revolta-se contra o lado escuro da agricultura. Outro excelente documental dos FreeRangeStudios.

 

 

Diferentes voces abordan a influencia dos cambios do espazo urbán e dos procesos especulativos na vida das mulleres do barrio de Monte Alto (A Coruña). Un barrio onde podemos aprender das vellas redes comunitarias texidas polas mulleres para transformar o noso presente. 

 Via --> GzVideos


Aínda quedan testemuñas da tradición oliveira hoxe perdida en Galiza.

O cultivo da oliveira tivo a súa época de esplendor na idade media cando se espallaba por terras tan dispares como as mariñas de Betanzos, O Ribeiro ou os territorios raianos con Portugal. As oliveiras mansas, as que dan froito, aproveitáronse aquí para extraer aceite desde a época romana. Semella que foron varias as causas que as fixeron desaparecer co tempo.
Estas causas non están de todo claras, porén apúntanse como posibilidades ás revoltas irmandiñas, un posíbel castigo dos reis católicos á nobreza galega que se lles enfrontou ou unha serie de pragas que arrasarron os cultivos...
Nada se sabe de certo. Hoxe en día, cando o cultivo da oliveira comeza a recuperarse, unha asociación cultural ourensá, As Ortigas, tenta elaborar a primeira oliva de mesa 100% galega. 

 

 

 

The Story of Stuff Project, os autores do documental de animación "A historia das Cousas", veñen de liberar na rede unha nova curtametraxe: The history of Cap & Trade. Esta vez centrado no problema da mudanza climática.

Baixo a premisa de que non se pode arranxar un problema empregando o mesmo xeito de pensar que o creou, o documental repasa o sistema do “Cap & Trade”. Un sistema que pretende marcar limites de emisións totais de CO2 a estados, empresas e institucións, e permitir o comercio destes "dereitos á contaminar" entre eles. A idea é que sexa a propia lei do mercado a que estimule a reducción da polución, ao tempo que se xerán beneficios para os especuladores que manexan os mercados capitalistas. 

The Story of Stuff Project, preparan xa dous novos documentais, un sobre a auga engarrafada e outro sobre os produtos electrónicos.

zocarede