Biela y Tierra pretende ser unha ponte para mostrar iniciativas reais dos nosos territorios que son e serán alternativas para afrontar os desafíos aos que nos enfrontamos como sociedade. As Nacións Unidas han fixado na Axenda 2030 estes retos a través de 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) e este proxecto está directamente aliñado con eles.

A partir de xuño de 2019, visitaremos e compartiremos ao longo de preto de 2.500km, as experiencias de máis de 100 iniciativas reais ligadas á alimentación sustentable que xa funcionan, e benefician a todo o territorio e a poboación que ten acceso a elas.

 

Máis información:  http://bielaytierra.com/

Un novo documental da xornalista Marie Monique Robin, autora do "Mundo segun Monsanto" e "O Veneno que Comemos".
Marie percorre o mundo unha vez mais, entrevistando a expertos e campesiños en busca das respostas a dúas grandes preguntas: ¿É posible unha agricultura sen plaguicidas?, ¿pode a agroecolóxia alimentar á crecente poboación mundial?
Onde nos mostra de primeira man e con exemplos concretos que isto non só é unha posibilidade, senón que en moitas partes do ancho mundo, a agricultura sen plaguicidas e sen pragas xa existe e rende o mesmo que a outra.

 

Unha película en ruta que mostra diferentes proxectos repartidos por España, Portugal e Francia. Proxectos para o cambio, proxectos sostenibles, proxectos moi diversos pero con algo en común: abogan por un cambio no noso xeito de vivir as vidas. Exemplos de vidas máis tranquilas, vidas máis comprometidas, vidas máis comunitarias, máis sinxelas, máis auténticas, máis nosas.

Este documental é posible grazas a seis mulleres que colleron estrada e manta para ver por elas mesmas (e de paso mostrar ao mundo) que hai xente que está facendo as cousas doutro xeito.

 

 Hai moita información que nos advirte sobre a alimentación actual: alimentos tóxicos e agresións ao medio ambiente. Todas e todos temos unha necesidade básica: comer cada día
Un exemplo da diferenza entre encher bandullos e alimentar persoas podémolo ver neste documental onde se mostra a falacia alimentaria dos comedores colectivos

 http://www.elplatolavida.claraboia.coop/

zocarede

Rede Galega de consumo responsábel