A onda económica neoliberal coincidiu desde 1975 ou 1980 (triunfo de Pinochet, Thatcher, Reagan) co auxe cada vez maior da crítica ecolóxica á economía. Uns, os neoliberais, idolatran o mercado. Outros, os ecoloxistas, atacano desapaixonadamente e xuizosamente porque o mercado non garante que a economía encaixe na ecoloxía, pois o mercado infravalora as necesidades futuras e non conta os perxuízos externos ás transaccións mercantís, como xa xinalar Otto Neurath contra Von Mises e Hayek entre 1920 e 1930 no famoso debate sobre o cálculo económico nunha economía socialista. Agora ben, se o mercado dana a ecoloxía, que ocurreu nas economías planificadas? Non só supuxeron unha explotación dos traballadores en beneficio dunha capa burocrática senón que, ademais, faltou a posibilidade, por ausencia de liberdades, de ter grupos ecoloxistas que contribuíran coas súas accións a incrementar os custos que empresas ou servizos estatais deben pagar cando destrozan o ambiente.

Coa crise do 2008-2009, tamén os neoliberais están de retirada. Regresa Keynes. A crise económica actuan pon a Keynes de moda porque hai capacidade industrial nas economías occidentais que non se aproveita. Aumenta o desemprego. Un maior gasto público é a receita axeitada nestes casos. Así haberá diñeiro para cambiar de automóvil e mercar o exceso de vivendas que deprime a industria da construción en Estados Unidos, no Reino Unido e no Reino de España.

Keynes quería que a economía saíra da crise de 1929. Explicitamente dixo que o que ocorrera a longo prazo, unha vez a economía se recuperara da crise, non lle importaba. Foron economistas posteriores como Harrod y Domar os que convertiron o keynesianismo nunha doutrina de crecemento económico a longo prazo. Máis tarde chegaron ou resucitaron os neoliberais como Hayek, quen dixeron que o mercado sabía moito máis que o Estado. Agora estamos escoitando a banqueiros que piden que nacionalicen os seus bancos, por favor. Estamos vendo a resurrección de Keynes (ou a seu reencarnación en Krugman e Stiglitz). Mais podemos preguntarnos, un Keynes de curto prazo, para saír da crise, ou un Keynes tamén de longo prazo para seguir un camiño virtuoso de crecemento económico?

E é aí onde entra a actual crítica da economía ecolóxica. É aconsellábel un keynesianismo verde que aumente a inversión pública en conservación de enerxía, en instalacións fotovoltaicas, en transporte público urbano e rehabilitación de vivendas, en agricultura orgánica. Mais non é aconsellábel persistir na fe do crecemento económico. Nos países ricos hai que entrar nunha transición socio-ecolóxica. A economía debe decrecer en termos de materiais e enerxía. Existe xa un acordo social en Europa para que as emisións de dióxido de carbono decrezan un 20% con respecto ás de 1990, mais no estaba previsto que, de feito, ao decrecer o PIB, xa están baixando rapidamente as emisións de dióxido de carbono no 2008 e no 2009.

Agora ben, o decrecemento económico causa dificultades sociais que temos que afrontar para que a nosa proposta poida ser socialmente aceptada. Se a produtividade do traballo (por exemplo, o número de automóbiles que un traballador produce ao ano) medra un 2% anualmente e se a economía non medra, iso levará a un aumento do desemprego. A nosa resposta é dupla. Os aumentos de produtividade non están ben medidos. Se hai substitución de enerxía humana por enerxía de máquinas, os prezos desta enerxía teñen en conta o esgotamento de recursos, as externilades negativas? Sabemos que non é así. Ademais, hai que separar o dereito a recibir unha remuneración do feito de ten emprego asalariado. Esa separación xa existe en moitos casos (nenos e mozos, pensionistas, persoas que perciben o seguro de desemprego), mais debe ampliarse máis. Hai que redefinir o significado de “emprego” (tendo en conta os servizos domésticos non remunerados e o sector do voluntariado) e hai que introducir ou ampliar a cobertura da Renda Cidadá ou Renda Básica.

Outra obxección. Quen pagará a montaña de créditos, as hipotecas e a débeda pública, se a economía non medra? A resposta debe ser: Ninguén. Non podemos forzar á economía a medrar ao ritmo do interese composto co que se acumulan débedas. O sistema financeiro debe ter reglas distintas das actuais.

En Europa e Estados Unidos o que é novo non é pois o keynesianismo nin tan só o keynesianismo verde. O novo é o movemento social polo decrecemento sustentábel. A crise abre expectativas para novas institucións e hábitos sociais, en alianza cos movementos pola xustiza ambiental e o ecoloxismo dos pobres.


zocarede