lavozdelviento

Zocamiñoca colabora con esta iniciativa, na que un grupo de mozos e mozas percorrerán 100 km entre a A Coruña e Ortigueira para denunciar o tratado transnacional. Partíran o sábado, ás 10.00 da Praza de María Pita.

O venres 8 de xullo, GreenPeace presenta na Coruña o proxecto, La Voz del Viento, no que un grupo de mozos  e mozas percorrerá en bicicleta os 100 quilómetros que separan a nosa cidade de Ortigueira para denunciar os abusos do TTIP.

Ás 20.00, no local da Marea Atlántica (Praza do Humor) terá lugar unha charla para presentar esta iniciativa que pretende visibilizar as consecuencias do TTIP nas economías locais dos pobos. Haberá tamén un coloquio no que se poderán resolver dúbidas e participar, organizado coa colaboración de Zocamiñoca.

A ruta en bici partira o sábado 9 de xullo, ás 10.00 horas, da Praza de María Pita. A primera etapa levaralos a Bergondo. Todas as persoas que desexen acompañalos na saída ou durante esta primeira etapa serán benvidas a sumar a súa voz para pedir a fin do tratado transnacional segredo que negocian a UE e os Estados Unidos.

feira economia social 2016

A comunidade de Coruña xúntase ás organizacións solidarias de Galicia para celebrar o Día do Comercio Xusto. Un día que ten a finalidade de lembrar que o comercio responsable e sustentable é unha posibilidade real, que pode cambiar as condicións de vida de moitas comunidades de traballadores e tamén a calidade da nosa propia vida.

Nesta idea de comercio, e por extensión de economía, existen multitude de empresas e organizacións que traballan dignamente por acadar uns fins diferentes ao de maximizar o beneficio. Unha economía na que as persoas son o máis importante, e o capital está ao servizo destas persoas e da comunidade. Unha economía solidaria, participativa e na que substituímos competir por compartir

Nesta feira poderemos:

  • Mercar produtos de comercio xusto (alimentación e artesanía), produtos ecolóxicos e locais (verduras, carne, doces, …) e tamén pratos preparados. Come san, rico e local!
  • Mercar artesanía local
  • Coñecer diferentes proxectos de produción e comercialización de enerxía, educación, tecnoloxía, proxectos sociais, etc.

E moitas cousas máis!

Ler máis...

cartazconsumismo

 

Achéganse as festas de Nadal e as caixas de rexistradoras de todo o planeta sacan fume ante a chegada de tan lucrosa efeméride! Na rede, na televisión, na radio... en todos lados a publicidade e os carteis luminosos convídanos a gastar para sentirnos mellor e facer sentir mellor aos seres queridos cos nosos agasallos!

Certo é que a maioría de nós mercaremos con gusto algún detalle á familia. Pero temos unha boa nova: podemos facelo sen caer na trampa do consumismo!!! Como? Non mercando roupa feita baixo condicións inhumanas; nin bombóns feitos con cacao producido por persoas que non cobran un soldo xusto; nin aparellos electrónicos fabricados a costa de guerras e mortes; nin xoguetes sexistas; nin colonias testadas en animais. Temos alternativas para que a familia quede contenta e, a cambio, ti consumes responsablemente e deas a coñecer alternativas xustas no marco da economía solidaria. Podería ser mellor?

Clikear na seguinte ligazón para ler o artigo completo: Galicia Solidaria

Tamén destacamos a campaña para a promoción do consumo responsable de langostino: A verdadeira historia de Rodolfo, de Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras.

BLOG GRUPO PRODUTORAS

blogprodutoras