dibujocoronavirus

Con motivo da expansión do virus Covid-19, para protexernos e para evitar que se propague o virus, en Zocamiñoca adoptamos  unha serie de medidas prácticas. Son as seguintes:

  1. As persoas que teñades síntomas de estar enfermas, particularmente cando coinciden coas descritas polas autoridades para o Covid-19, non veñades polo local de Zocamiñoca. Contactade con outra socia que viva preto de vós ou coa cooperativa para que vos poña en contacto ou solicitade o bicipedido (logo de tentar as outras vías).
  2. As persoas que estivérades en zonas de risco ou en contacto con persoas con síntomas ou enfermas, tampouco veñades polo local de Zocamiñoca por precaución, podedes estar incubando sen síntomas e é perigoso para todas, podemos estar axudando a propagar a enfermidade. Acudide igualmente a outra socia próxima ou ao bicipedido.
  3. Se se vos diagnostica coronavirus é moi importante que avisedes canto antes á Coordinadora escribindo a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 698183847, especialmente se pasastes polo local nos últimos 15 días.
  4. Reduciremos o número de persoas que veñan recoller o pedido, organizándonos para que unha soa persoa recolla o pedido de varias. Vimos de crear 10 grupos de Telegram para poñer en contacto ás socias por zonas de residencia e para favorecer a organización entre nós para vir recoller o pedido durante as vindeiras semanas.
  5. O socio traballador empregará luvas e mascarilla. Recomendamos ás socias traer luvas e marcarilla propias da casa (no local haberá luvas pero non podemos garantir que chegue para todas).
  6. Todas as persoas que entren no local de Zocamiñoca deberán lavar as mans ou luvas ao entrar e ao saír do local. Á entrada hai unha solución alcohólica para a limpeza sen auga.
  7. Procuraremos non estar máis de 2 persoas ao mesmo tempo mercando. No caso de que vexamos que se acumule máis xente, pediremos ás socias que agarden fóra.
  8. Manteremos unha distancia de polo menos 2 metros entre persoas no local. Estaremos un máximo de 1 persoa en cada un dos espazos de compra (produto fresco/outros produtos). Habilitaremos o cobro para que a separación entre o socio traballador e as socias consumidoras sexa a máxima.
  9. Tentaremos facer a compra de xeito áxil, sen liarnos a falar, para evitar pasarnos de tempo.
  10. Existe un doodle para que as socias apuntemos a hora na que imos ir recoller o pedido. Se pinchades na ligazón e introducides o voso nome, podedes anotarvos. Tentade anotarvos a horas que non estean collidas (franxas de 15 minutos por cada pedido que haxa que recoller).
  11. Desinfectaremos as manillas, billas, básculas, teclados, superficies,as palas de coller os graneis e outras superficies de uso común un par de veces ao día.
  12. Os grupos de limpeza están tomando medidas especiais de hixiene durante esta época.
  13. Até que se suspenda a situación de alarma, quedará prohibido consumir ningún produto de alimentación dentro do local de Zocamiñoca.
  14. As persoas que veñades recoller os pedidos, deberedes vir soas en caso de que empreguedes o coche privado para facelo. Lembrade que no caso de que volo requiran nalgún control, podedes amosar a confirmación de pedido no móbil para xustificar o voso desprazamento á cooperativa.
  15. Pedimos paciencia polas posibles incidencias que poida haber co pedido, especialmente nestas vindeiras semanas. Estaremos atentas das novas, e calquera outra medida extraordinaria que se tome, será convintemente comunicada.

Para calquera dúbida que teñades, escribide a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamade ao 698183847, e tentaremos respostar o máis rápido posible.

Apertas e coidados colectivos!

 

 


BLOG GRUPO PRODUTORAS

blogprodutoras