O sábado 27 de abril teremos cita cun novo Zoquelarre! no noso local da cooperativa. ! Pasámosvos a orde do día, ide facendo oco nas axendas:
- Presentación e benvida! 15 min. Facilitación (10:45-11:00)
- Necesidades comunicación externa cooperativa e posta en marcha grupo de traballo (11:00-11:30)
- Punto de debate. 30 min. Presenta Julio.
- Seguimento situación económica e pistas para a política comercial da cooperativa (11:30-12:00)
- Punto de debate. 30 min. Presenta Helena Martínez.
- Presentación bolseiras e traballos respectivos.(12:00-12:15)
- Punto informativo.15 min. Presentan cada unha das bolseiras (Ana, María e ...)
- PAUSA CAFÉ (12:15-12:30)
- Extensión horario apertura local Zocamiñoca os xoves (12:30-12:45)
- Punto informativo. 15 min. Presenta Margarida
- Funcionamento taboleiro microtarefas.(12.45-13:00)
- Punto informativo. 15 min. Presenta Estefanía.
- Inicio funcionamento grupo de acollida(13:00-13:15)
- Punto informativo. 15 min. Presenta Pancho
- Inicio funcionamento grupo apoio Montealto. (13:15-13:30)
- Punto informativo. 5 min. Presenta Marcial/zocamiñoqueira do 15002 alternativa.
- Aviso temas vindeiro Zoquelarre: reactivación coordinadora e festa 10 anos en setembro.