fotofinderbzm

O sábado 26 e domingo 27 de Maio pasaremos, aquelas que queiran, unha fin de semana pola Ribeira Sacra do Miño, no que faremos visitas a algunha produtora da cooperativa, e coñeceremos parte do Patrimonio arqueolóxico, cultural, etnográfico e moito máis destas terras entre os ríos Miño, Sil e Cave.
OLLO: inda está por definir o horario. Posiblemente saiamos ás 3,30 da tarde do sábado, pero de poder ser, xa sairíamos durante a mañá. Dependendo disto, visitaremos máis ou menos lugares.

Entre os lugares ós que nos achegaremos seguro están:
- Iremos a Casa Grande de Tanquián, para desfrutar das árbores e horta de permacultura de Emily, a produtora das marmeladas “Tuta Fruta”:  http://tanquian.es/tuta-fruta/
- O Eco-museo de Arxeríz, que vai sorprender a moitas que non coñezan este espazo: http://www.sotodefion.org/principal_es.htm
E dependendo do tempo que teñamos, viaxaremos por esas terras a coñecer megalitos, castros, igrexas románicas, carballeiras e outras sorpresas varias.
Durmiremos no antigo poboado de Fenosa en Os Peares, recuperado e reconvertido en albergue multiaventura. Non ten tanto encanto como os dos outros anos, pero vainos sorprender. Todas as camas son en liteira: http://centropeares.es/peares/
Como sempre, iremos nos nosos vehículos, que compartiremos para tratar de reducir o seu número.

Cliquea no Formulario para inscribirte

RESERVADE XA ESES DÍAS NAS VOSAS AXENDAS.
Poderán ir persoas amigas fora de Zoca.


Rede Galega de consumo responsábel