Casa Pousadoira organiza para os dias 17 e 18 de marzo un curso para aprender a facer a nosa propia cervexa na casa, cos utensilios que todos podemos ter nunha cociña normal, sin case ningún custe de inversión.

O curso vai dirixido a calquera persoa que queira aprender a facer cervexa a pequena escala, para consumo propio.

Curso Cervexa   CONTIDOS:

  • Presentación do curso
  • Visión global do proceso biotecnolóxico
  • Presentación dos ingredientes a usar na elaboración de cervexa
  • Inicio da elaboración de cervexa caseira
  • Etapas na elaboración da cervexa
  • Clausura do curso (embotellado da cervexa)

 Ao tempo que se dan as explicacións teóricas iranse vendo todos os pasos na práctica, desde o malteado do cereal até o embotellado.

IMPARTIDO POR:

Mª José Martelo Vidal: Enxeñeira Técnica Agrícola na especialidade de Industrias Agrarias e Alimentarias
Miguel Anxo Abraira Sobrado: Técnico en Saude Ambiental, con amplia experiencia no campo da elaboración de productos agroalimentarios coma bebidas e conservas vexetais.

DATAS: 17 e 18 de marzo

O 17 todo o dia e o 18 pola maña, remataremos co xantar.

PREZO DO CURSO: 40.00 euros
Pernoctación en Casa Pousadoira: 20.00 euros con almorzo incluido
Comidas: 8.00 euros cada unha

MAIS INFORMACIÓN E RESERVAS:

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 981777898 607767369

 http://casa-pousadoira.blogspot.com/2012/02/curso-teorico-practico-de-elaboracion.html



zocarede

Rede Galega de consumo responsábel